jueves, 14 de mayo de 2020

O NOSO PATIO SEGUE EVOLUCIONANDO

Hola a tod@s!

Vai moito tempo que non vos contamos nada do noso patio, algo do que mais botamos de menos nestes momentos nos que non podemos ir ao cole, estar cos nosos amigos e amigas e compartir xogos no noso querido patio. 

Nestes anos o noso proxecto: "O patio dos nosos soños" continuou evolucionando, non é algo inmóbil que se dera por rematado naquel curso 2016/2017 cando inauguramos o novo espazo creado polo alumnado, familias e profesorado do cole con todas as ganas e ilusión, se non que continuou evolucionando e aínda segue así! VIVO!

O noso patio é moi especial no sentido en que cando estamos nel convivimos, compartimos, xogamos, desfrutamos, corremos, falamos, escoitamos, rimos, cantamos, saltamos, bailamos, facemos pescudas, gritamos... En definitiva, no patio somos felices, é por iso que o botamos tantísimo de menos!!! Aínda que confiamos que nalgún momento poidamos volver a utilizar todo o que alí temos construído... 

Nestes anos as zonas estiveron en continuo movemento, é dicir, cambiando e enriquecéndose co paso dos anos. Para isto, cobra especial importancia o noso Consello D@s Nen@s do cole, dende o cal o alumnado fai prospostas para mellorar a convivencia e as zonas de xogo e compartir co resto as cousas que cren que precisa o patio ou os posibles arranxos que se deben levar a cabo (as cousas do patio co uso diario vanse deteriorando e os obxectos e materiais perdense). Do mesmo xeito, as familias tamén colaboran dende a ANPA mercando algunhas cousas ou montando algúns dos novos xogos, así como tamén as familias poñen o graniño de area dende casa enviando materiais para o recuncho do teatro, por exemplo (trouxeron disfraces e atrezzos para dar vida a este recuncho). Dende o profesorado, o equipo de dinamización da convivencia é o encargado de dinamizar as novas zonas de xogo e de facer criba ante as propostas que fai o alumnado no Consello para mercar ou arranxar xoguetes, zonas ou materiais; tratando de darlle sentido á voz do noso alumnado e facendo reais as propostas na medida en que son factibles. 

Este curso 2019/2020 estabamos a mellorar as zonas pouco a pouco tendo como referente principal as propostas do noso alumnado (podedes consultar as propostas facendo clic no enlace). 

Tamén estabamos incluíndo diferentes carteis nas zonas para que o alumnado teña constancia de que material hai que recoller e ubicar en cada zona e que poidamos entre tod@s ser mais responsables no uso dos xogos e xoguetes para que duren mais tempo e poidamos desfrutalos. Estes carteis vanse explicando nas aulas (cada ano) para que o alumnado sexa mais consciente e responsable dos usos e mantemento das diferentes zonas. Este ano, de  novo, estase elaborando un inventario de cada un dos materiais que corresponden nas zonas e o alumnado coñeceo previamente ao seu uso. Ademais, engadiuse a figura d@ supervisor ou supervisora en cada aula de primaria, quen ten o deber de revisar que os materiais foran gardados correctamente no seu sitio e, se isto non é así, debe avisar ao resto dos compañeiros e compañeiras para recoller entre tod@s. O supervisor/a nunca será o responsable único/a da recollida dos xogos e xoguetes. 

Nestes momentos, estabamos creando un novo recurso musical para o noso recuncho temático. Trátase dun baúl portátil para levar aos patios e tocar instrumentos, prestados da aula de música pola profe Elena para cantar e bailar. Do mesmo xeito, acababamos de incorporar dous xogos dos 4 en raia xigantes cos que hai que ter moito coidado cas pezas para que non se perdan! Así mesmo, o recuncho artístico tiña novos materiais e utensilios que foron mercados (lápis de cores, borradores, rotuladores, carpetas para debuxar...). E quedaron moitas cousas pendentes todavía, coma por exemplo montar unha casiña de madeira para o exterior ou incluir xogos de construción a grande escala. 

Deixamos un pequeno vídeo que fixeramos previamente ao confinamento nunha xornada de patio do CEIP Nº1 para que o recordedes e podades desfrutalo aínda que, polo momento, sexa dende as vosas casas. 

E...... LEMBRADE! O PATIO É DE TOD@S E TEMOS O DEBER DE COIDAR OS MATERIAIS E GARDAR AS COUSAS NO SEU SITIO PARA QUE NON SE PERDAN E POIDAMOS SEGUIR DESFRUTANDO DEL XUNT@S!!!!! 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS E ALUMNADO! APERTAS!