TAREFA 1: INVESTIGAR E ANALIZAR O PATIO.
As mascotas de aula son as encargadas de dar MISIÓNS moi emocionantes aos nen@s de infantil.
INSTRUCCIÓNS :
A clase de 4º de Infantil Balanzas con perchas.
5º e 6º de Infantil colaboran cos nen@s de 6º de Primaria coa zona Artística e Xogos no chan como : Xadrez, Mariola, Laberinto...
Ademáis de pintalos acordamos poñer:Normas e Instruccións en Galego, Castelán e Inglés e tamén pictogramas.
As mascotas de aula son as encargadas de dar MISIÓNS moi emocionantes aos nen@s de infantil.
Para atopar o quebracabazezas temos toda unha aventura por diante!!!
A nota da misión 1 ven acompañada dun plano e unha mensaxe.
Buscamos o plano en google earth e comprobamos que é o noso colexio.
Saimos ao patio a buscar as pezas do noso quebracabezas pero...primeiro tivemos que interpretar as sinais para saber a onde dirixirnos.
Misión cumplida!!
Fixemos o quebracabezas coas pezas atopadas e xogamos aTEA de ARAÑA, dicindo cousas que vemos no patio.
Nubes de palabras coas cousas que dixeron os nen@s do patio na dinámica coopertiva.
E CHEGOU A SEGUNDA MISIÓN:
Os nen@s en equipos sairon ao patio a sacar fotos ,logo nas aulas a seleccionar, ordear, imprimir e agrupamolas ca APP Pic Collage.
Coas fotos e o quebracabezas fixemos O COLLAGE e así logramos con éxito a segunda misión.
COLLAGE
MISIÓN 3:
Para comezar a nosa terceira misión e converternos en arquitectos por uns días ,xogaremos co noso robot BEE-BOOt axudándonos a interpretar e orientárnos espacialmente.
Xa estamos listos para facer os planos do NOSO PATIO.
TERCEIRA MISIÓN CUMPLIDA!!!!
CUARTA MISIÓN
Saimos ao patio cunha cinta métrica e colaborativamente medimos o perímetro do patio pegadiños ao muro.
Tomamos notas e xuntamos números, fixemos hipótesis e concluimos que o Perímetro do Patio son 319 metros.
Na clase fíxemos un debuxo medindo e representamos 319 metros.
QUINTA MISIÓN.
SEXTA MISIÓN.
Saímos ao patio para observar se está limpo.
Sacamos fotos do lixo que está no chan.
Na clase falamos e valoramos sobre o importante que é ter o noso contorno limpo e da responsabilidade que temos todo@s para poder conseguilo.
No Consello dos Nen@s próximo propoñense Patrullas de Limpeza formada por nen@s comprometid@s.
Despois do Consello ....
TAREFA 2: DESEÑAR O PATIO E REPRESENTALO NUNHA MAQUETA PARA DEFENDER NUNHA ASEMBLEA XERAL.
SÉPTIMA MISIÓN.
Os nen@s fan investigacións en familia para logo explicar na aula aos seus compañeir@s.
OCTAVA MISIÓN
Cada clase fixo a súa maquetas pensando e diseñando as zonas que se propoñen e a súa viabilidade .Este é o resultado:
Proceso e maqueta da clase de 4ºde Infantil.
Proceso e maqueta da clase de 5ºde Infantil.
Proceso e maqueta da clase de 6º de Infantil.
E....DE NOVO MISIÓN CUMPLIDA!!!
ANÚNCIASE A PRIMEIRA ASEMBLEA XERAL DO NOSO COLE TÓDOLAS CLASES ESTÁN CONVOCADAS:
INSTRUCCIÓNS :
ESTAS SON AS MAQUETAS PRESENTADAS
Despois da Asemblea Xeral O Consello dos nen@s reuniuse de novo para poñer en común as ideas do xurado e diseñar "O Patio sos Nosos Soños".
Este foi o resultado.
Trasladouse a toda a Comunidade e ....Listos para a seguinte misión!!!!
TAREFA 3: FACER O PATIO DOS NOSOS SOÑOS REALIDADE.
NOVENA MISIÓN: POSTA EN MARCHA!!!
A clase de 4º de Infantil Balanzas con perchas.
5º e 6º de Infantil colaboran cos nen@s de 6º de Primaria coa zona Artística e Xogos no chan como : Xadrez, Mariola, Laberinto...
Ademáis de pintalos acordamos poñer:Normas e Instruccións en Galego, Castelán e Inglés e tamén pictogramas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario